Ourense en Común completa o proceso de selección para nomear ao seu persoal eventual dentro do Concello de Ourense
18 Agosto, 2015
2
  • A asemblea da organización municipalista aprobou, despois dun mes de redacción e emendas, o proceso de selección que terían que superar as persoas que pretendían aspirar ao denominado “posto de confianza”.
  • Ao contrario que o resto de grupos municipais as persoas seleccionadas debían superar tres fases nas que se avaliaban a súa capacidade curricular e méritos académicos, a implicación co proceso municipalista e a súa capacidade de traballo en equipo. Así foi que das 16 persoas aspirantes só 4 chegaron a derradeira fase e finalmente Monstserrat Valencia, asesora xurídica e recoñecida activista no mundo ecoloxista, foi a persoa que maior puntuación acadou.
  • Montserrat Valencia súmase deste modo ao Grupo de Traballo Institucional e quedará sometida as mesmas obrigas e deberes que as tres concelleiras de Ourense en Común: limitación de salarios, rendición de contas, axenda pública, etc.

 

ANEXOS.-

Bases para participar no Proceso de selección de persoal eventual do grupo municipal Ourense en Común no Concello de Ourense: ver bases

Puntuacións e acta na que se referenda o Proceso de Selección de Persoal Eventual en OUeC: ver documento

Perfil de Montse Valencia: ver perfil

2 comments

  1. non sabemos quen foron os candidatos e utilizamos o hastag #trasparencia. Que valor!

  2. Soamente era valido para a xente que tiña algo que ver con Ourense en común…. o resto non : tremendo confundimos a publicidade coa transparencia e a igualdade de oportunidades.

Os comentarios estan pechados