Apoia a Ourense en Común cun MICROCRÉDITO

O noso banco es ti.
Transparencia é isto!

Obxectivo
3,000.00€
0 días restantes
100.00%
3,000.00€
Acadado
19
Mecenas
Peche de achegas:
May
18
2015
  • Description
  • Comments

A independencia é un valor, e tén os seus froitos.

Temos un proxecto ilusionante para Ourense: unha nova cidade democrática, xusta, transparente e sostible. Sabemos o que queremos, o que ti queres, e o vindeiro 24 de maio temos unha oportunidade histórica para devolver o Concello de Ourense á cidadanía, e facer realidade este desexo común.

Para poder financiarnos neste camiño, non queremos depender do diñeiro dos bancos. Preferimos depender da xente que coma tí, cré que as cousas poden ser de outro xeito. Por eso precisamos a túa axuda para contribuir a unha campaña electoral independente.

Unha candidatura cidadá como Ourense en Común, só ten que render contas ante as veciñas e veciños desta cidade. Queremos estar en débeda contigo, porque só tí nos financias, e os froitos, ímolos recoller xuntas, sen intermediarias.

A través dos microcréditos, podes aportar entre 100 e 1.000 euros que te serán retornados cando recibamos a subvención correspondente aos gastos electorais, en decembro de 2015. Co teu préstamo contribues a que Ourense en Común poda realizar unha campaña electoral independente.

O obxectivo é cubrir unha parte do orzamento de campaña con estes microcréditos, pero abrimos tamén a opción a outro tipo de achegas: sementes.

Por que facemos unha campaña de microcréditos?

Para manter unha autonomía total e real respecto de todas as entidades financeiras.

O Código Ético de OUeC establece no seu punto 2.2 a renuncia aos créditos bancarios, o que nos leva a procurar novas fórmulas de colaboración e participación coas que poidamos eludir o deseño orientado ao endebedamento bancario promovido polo sistema de financiamento de partidos.

Mediante os Microcréditos, achegamos á cidadanía a posibilidade de facer un empréstito civil a OUeC, con vistas a custear os gastos electorais da campaña para as eleccións municipais do 24 de maio.

Para tal fin, calculamos a subvención por gastos electorais correspondentes a un resultado conservador, que nos permitiría devolver na súa totalidade o importe subscrito mediante esa subvención.

Unha vez recibida a subvención, previsiblemente en decembro de 2015, devolveremos o 100% do que nos prestaras.

Somentes no pouco probable caso de que o total da subvención fora menor que o total do empréstito recibido, as cantidades non cubertas serán devoltas de forma proporcional no prazo máximo de 12 meses

Nesta ligazón tes o modelo de contrato que che faríamos chegar: Contrato de empréstito a OUeC

A achega que fagas como empréstito implica a aceptación dese contrato.

A que destinaremos os cartos?

Usaremos os teus fondos para sufragar os gastos de campaña de xeito responsable e transparente.

Os principais gastos que xa estamos a afrontar son os seguintes:

Materiais
Ourense en Común tenta xerar unha ilusión polo cambio político no noso Concello, pero a nosa candidatura é nova, menos coñecida pola cidadanía que os partidos tradicionais. Para facer chegar ao máximo de persoas posibles a información de OUeC, estamos a elaborar adhesivos, panfletos, trípticos, carteis, chapas… Ademais, necesitamos material transportable como displays, frontais, ceadores, elementos para facérmonos visibles na cidade e en especial nos barrios. Custo: 3.300 €
Impresión do programa
O proceso de elaboración do programa de OUeC está a ser colectivo e participativo. Para manter este carácter, precisamos facer unha tirada ampla do documento impreso, para que chegue á cidadanía. Custo: 1000 €
Aluguer de local
Aínda que nestes momentos non contamos cun local propio de OUeC, é imprescindible dotarnos dun espazo para levar a cabo xuntanzas, entrevistas, celebracións de actos públicos, etc. Custo: 700 €
Legal
A organización dunha candidatura electoral ten unha serie de gastos legais, burocráticos e administrativos imprescindibles: notaría, taxas, xestoría, documentación, etc. Custo: 500 €

ORZAMENTO TOTAL : 5500 EUROS

O noso obxectivo é cubrir 3000 € dese orzamento mediante estes microcréditos e o resto, 2500 €, a través das doazóns(na columna da dereita tes a opción de facer a túa achega).

Queres saber máis sobre as doazóns?

Cumprindo co noso compromiso coa transparencia, nesta ligazón podes consultar todas as contas da nosa campaña: http://ourenseencomun.info/as-contas-da-campana

Preguntas máis frecuentes

Quen pode subscribir un microcrédito?

Só persoas físicas. Non aceptamos achegas de asociacións nin de empresas.

Garantides a devolución do microcrédito?

Por suposto, non o dubides. Mediante a subvención recibida por gastos electorais e no moi improbable caso de que o total da subvención  fose menor que o total do empréstito, ou mesmo no caso de non obter subvención, o total das cantidades non cubertas haberán de ser devoltas no prazo máximo de 12 meses

Que cantidade se pode doar?

A partir de 100 euros ata 1000 como maximo. Ti decides a cantidade.

Por que pedides o número de DNI?

A Lei de Financiamento de Partidos Políticos obriga a rexistrar -para evitar doazóns opacas das que non se coñeza o autor- a identificación da persoa doante. Esta normativa, feita para a transparencia das contas dos partidos, fai que pidamos o nome completo e DNI de quen fai o donativo.

Poderemos ver en que vos gastastes o diñeiro?

Si, en Ourense en Común rendemos contas dos nosos ingresos e gastos trimestralmente. Podes atopar a información actualizada na nosa web, no apartado de transparencia.

Que fago para non saír na lista de agradecementos?

Cando acabe a campaña, porémonos en contacto con todas as doantes para preguntarvos se queredes estar na lista de agradecementos.

Que fago se teño algunha dúbida?

Podes escribirnos para resolver calquera cuestión a: soporte@ourenseencomun.info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *