rePensar OUeC 2017
6 Xaneiro, 2017
3

Procurando fomentar unha participación activa en OUeC en harmonía co desenvolvemento persoal, familiar ou laboral, desta volta a xornada anual “RePensar OUeC” celebrarase en domingo (📆15/01/2017📆).

Será unha xornada monográfica dende as ⏰10h da mañá ata ás 20h da noite⏰ aproximadamente, cun receso para un xantar comunitario (prégase que cada participante achegue algún petisco para compartir). O punto de encontro será o Espazo en Común, sito nas Burgas 8.

Existirá a posibilidade de habilitar unha zona infantil para facilitar a conciliación na sesión de mañá de 10h a 14h (na de tarde non será posible). Se queres reservar unha praza só tes que cubrir o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScQwvTLhhiHWQ4_mkEfn5D7QSNYaV2D9aIPYZZP23gvE3xarw/viewform?c=0&w=1

📝Os obxectivos desta xuntanza anual serán novamente avaliar o proceso municipalista dende o seu proceso constituínte e analizar en que fase do mesmo se atopa. Asemade desta volta preténdese unha redefinición de documentos constituíntes, folla de ruta e planificación estratéxica adaptadas á realidade actual e o horizonte das eleccións municipais de 2019.

Os documentos motivo de análise serán:

  • Declaración de principios:
  • Estrutura organizativa:
  • Protocolo de entrada e participación:
  • Carta de compromiso:
    • Versión actual (Descarga)
    • Proposta do GT Confluencia (Non se presentaron emendas)
  • Código de ética política:
  • Código de Boa Gobernanza:
  • Regulamento Asembleario: 
  • Folla de ruta:

A proposta elaborada polo GT Confluencia poderá ser emendada ata o xoves 12/01/2017 ás 23:59 (mediante correo-e a ourenseencomun@ourense.gal facendo mención na emenda presentada a que documento fai referencia). Posteriormente as emendas serán ordenadas para o seu debate atendendo as seguintes normas:

– O tempo de exposición de cada emenda, incluída a do texto orixinal se é o caso, será de 2 minutos.

– Haberá varias quendas de intervención abertas ao longo da xornada (dun minuto de máximo de duración) para reflexionar sobre aqueles puntos con maior número de emendas ou que podan xerar máis debate.

Consulta o programa completo da xornada:

repensarprograma

Deixa unha resposta

3 comments

  1. Emilio J. Padrón González

    Gran traballo xente!

    Se o punto de partida xa era bo, penso que a evolución dos documentos e da organización interna é claramente a mellor.

    Un par de apuntamentos, xa que é moi probable que non poida estar en OU este domingo participando na xornada:

    – O Punto 1 do Protocolo de Entrada e Participación a min non me deixa claro se para participar activamente en OUeC (isto é, ser *integrante activo*) hai que participar dalgún GT ou non, sendo suficiente asistir ás Asembleas, xa que vexo información un tanto contraditoria tanto en 1.2 como no pé de páxina 2.

    – No Código de Ética Política fálase dun Grupo de Trabllo chamado «Comisión de Garantías Éticas», que coido debería estar (por coherencia) tamén reflectido como tal no documento de Estrutura Organizativa, no apartado de «Que Grupos de Traballo existen?».

    – No apartado 4 Garantías Éticas, novamente no Código de Ética Política, pon que a Comisión estará formada por «persoas escollidas por consenso a decisión da Asemblea». Eu deixariao en «personas escollidas pola Asemblea», o que deixaría espazo a algún tipo de elección por votación se non fora posible acadar consenso na composición deste GT.

    1. Emilio J. Padrón González

      Vale, vexo agora ao final de entrada que o mellor é que faga as miñas achegas en forma de emendas, así que xa as farei chegar polo canle previsto.

      1. Graciñas Emilio! Esperamos, pois, as túas achegas como emendas dirixidas ao correo ourenseencomun@ourense.gal