rePensar OUeC 2018
12 Xaneiro, 2018
0

🗣Como cada inicio de ano é tempo de avaliar o proxecto de Ourense en Común. Desta volta fixamos a folla de ruta de cara ao horizonte 2019📆, o ano no que #Ourense sumarase a onda 🌊dos gobernos do cambio que están a recuperar as institucións e poñéndoas ao servizo da cidadanía. 👨‍👩‍👧👨‍👧‍👦👩‍👦‍👦👨‍👨‍👧‍👦👪👩‍👧‍👧

🔍 Esta asemblea anual celebrarase o próximo 27 de xaneiro no Espazo en Común das Burgas e, en cumprimento da folla de ruta aprobada no rePensar OUeC 2017, será unha xornada monográfica centrada en dous obxectivos:

✔️ Definir o regulamento de candidatura (metodoloxía, sistema de elección, cronograma…) 📃📄📑
✔️ Fixar estratexia política unha vez superado o ecuador da corporación 2015-2019. 👀

A proposta de regulamento de candidatura foi elaborado polo GT Confluencia👥👤👥, quen tiña o mandato asembleario de redactar un borrador que servira de base do debate. Este documento pode consultarse en DemocracyOS:
https://app.democracyos.org/borradorregulamentocandidaturao…

O documento pode emendarse ✒️🖋🖌🖍✏️ directamente na propia ferramenta web ou mediante correo-e a ourenseencomun@ourense.gal facendo mención na emenda presentada ao apartado do regulamento que fai referencia.

👁Prazo límite para a presentación de emendas: 📆 📆 25 de xaneiro de 2018 ás 10:59 h. (48 horas antes do inicio da xornada segundo establece o Regulamento Asembleario de OUeC)

As emendas serán ordenadas para o seu debate atendendo as seguintes normas:
‼️ O tempo de exposición de cada emenda, incluída a do texto orixinal se é o caso, será de 2 minutos.
‼️ Haberá varias quendas de intervención abertas ao longo da xornada (dun minuto de máximo de duración) para reflexionar sobre aqueles puntos con maior número de emendas ou que podan xerar máis debate.

Consulta o programa completo 👇🏻