“Repensar OUeC: Achégate! Participa! Suma coa túa opinión!”. Con este titular Ourense en Común chama á participación da veciñanza nunha xornada aberta que celebrará este sábado.
11 Febreiro, 2016
2

A xornada Repensar OUeC desenvolverase desde as 9.30 da mañá ata ás 9 da noite, cun receso para un xantar común. O local Espazo en Común, sito nas Burgas 8, será o lugar onde se celebre dita xornada.

Ourense en Común avaliará o sábado o seu proceso constituínte e en que fase do mesmo se atopa. Exporase un documento que recollerá unha serie de cuestións que conduzan a determinar que se espera de Ourense en Común desde o punto de vista do traballo que este fai dentro da institución do concello e o traballo que abordará fora do mesmo. “Ourense en Común aséntase sobre unha serie de piares fundamentais baseados na participación da cidadanía así que volveremos a retomar os Encontros de Barrio e outras actividades nas que os protagonistas son as veciñas e veciños de Ourense xa que doutro xeito perderiamos o obxectivo de Gobernar Obedecendo”.

Así, a organización quere recoller as inquedanzas e propostas da veciñanza e presentalas nun documento consensuado que marque a liña de traballo de Ourense en Común os próximos tres anos.

Podes seguir o traballo das tres mesas de traballo (estrutura - institucional - extitucional) aquí:
https://www.youtube.com/channel/UC05UvS16xRgNIELyRIQL-Og

2 comments

  1. Interesante iniciativa, xa nos imos intercomunikando… querid@s companheir@s!!

  2. Non podo estar mañá, pero espero que sexa unha xornada produtiva e supoña un impulso para un proxecto que xa é *imprescindible* para Ourense.

Os comentarios estan pechados