Asina o Manifesto

Asina o manifesto
Amamos Ourense. Somos moitas as persoas que queremos unha vida mellor, máis xusta e digna para a xente da nosa cidade. Unha cidade na que os dereitos fundamentais estean garantidos e na que a institución municipal poña todos os seus recursos ao servizo do ben común.

O noso programa actualmente só ten dous puntos: participación cidadá e transparencia. O resto querémolo construír dende abaixo e de modo horizontal coa participación dos barrios e habitantes de Ourense, para dotarnos, entre todas, dunha ferramenta efectiva para a solución dos nosos problemas.

Temos un compromiso! Coa honestidade, a transparencia, a participación e a xestión eficaz dos recursos públicos. Porque pensamos que temos dereito a decidir directamente sobre todo aquilo que nos afecta de xeito relevante.

É por todo isto que facemos un chamamento ás veciñas e veciños a participar neste movemento de cambio que está a comezar. Queremos gañar Ourense cambiando a forma de entender e facer política. É hora de facerlle fronte á ineficacia, ao desgoberno e á corrupción. Recuperemos a vida social, económica, laboral, cultural e política da cidade.

Asina este manifesto para dar impulso á proposta e establecer contacto para convidarte a participar do acto de presentación que terá lugar no mes de setembro.

Tomemos a palabra. É hora de mudar a realidade!

Asina por unha cidade para todas.

Asina o manifesto:

Nome (necesario)

Apelidos (necesario)

Correo electrónico (necesario)

DNI ou documento similar (necesario)

Actividade (necesario)

Provincia

Localidade

Código Postal

Quero que o meu nome se amose na lista de asinantes
 Si Non

Ao asinar recibirás un correo electrónico coa confirmación dos teus datos. Se pasadas unhas horas non o recibiches revisa a túa carpeta de spam por se foi parar alí.

De acordo co artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de protección de datos de caracter persoal, informamos que os datos facilitados serán incorporados e tratados nun ficheiro titularidade de OURENSE EN COMÚN para o seu uso exclusivo no eido desta iniciativa. O teu nome poderá tamén publicarse na páxina web: ourenseencomun.info . Podes exercer o teu dereito de acceso, cancelación, rectificación ou oposición dirixíndote ao enderezo ourense@ourenseencomun.info ou ao enderezo Rua do Bierzo, 34-1º OURENSE, 32004 do colectivo Anacos da Cidade que temporalmente presta os seus datos a esta iniciativa para dar cumprimento á lei.

A CIDADE PARA TODAS

logofb iconotw