Transparencia

TRANSPARENCIAAtendendo ao principio de transparencia todas as nosas actas son públicas.

LUNS 9 DE FEBREIRO DE 2015 – EDIFICIO DE FERRO – 20:00 HORAS

1. Decisión Fórmula xurídica Para acudir ás Eleccions Municipais de maio de 2015

Información de ter en conta: – Lexislación Consolidada electoral: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-11672&p=20110716&tn
– Informe sobre Como tres Posibilidades legais Parr concurrir ás Eleccions Municipais: https://drive.google.com/file/d/0BxcGsDlERDQTTnZTTFM2eXEya0lrdzdHZXY3TnBXbV9HZzFZ/view
– Calendario electoral e cuestions ONU ter en conta: https://drive.google.com/file/d/0BxcGsDlERDQTcDVGbUlzU0VnUVk/view

730111837_57987Despois do debate de dúas horas para que a xente expoña a súa argumentación sobre cada unha das posibilidades de concorrer ás eleccións municipais, finalmente acórdase por consenso a proposta de constituir un PARTIDO POLÍTICO INSTRUMENTAL, e OUeC seguirá funcionando de maneira asemblearia.

MÉRCORES 4 DE FEBREIRO DE 2015 – EDIFICIO DE FERRO – 20:00 HORAS

1. Información por GT:
– GT Coordinación // Entrégase documentación: principios e obxectivos de OUe. Solicitan axuda para a tradución de Loomio.
– GT Comunicación // segue sen estar rematado a estratexia-protocolo de comunicación (inclúe xestión móbil, redes, prensa…)
Fálase dunha nova convocatoria para audiovisuais.

– GT Legal e finanzas //  Respecto á elección da figura xurídica para as eleccións, temos esta lexislación electoral consolidada: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-11672&p=20110716&tn

730326413_139526

Apróbase que se decida na asemblea do luns 9 de febreiro.Informe sobre as tres posibilidades legais para concurrir ás eleccións municipais: https://drive.google.com/file/d/0BxcGsDlERDQTTnZTTFM2eXEya0lrdzdHZXY3TnBXbV9HZzFZ/view?usp=sharing

– Calendario electoral e cuestións a ter en conta:

https://drive.google.com/file/d/0BxcGsDlERDQTcDVGbUlzU0VnUVk/view?usp=sharing

– GT Relato e análise // Proposta de plan de traballo do GT incluindo fases, accións, áreas temáticas e mesas de traballo. Cronograma de creación do programa. https://titanpad.com/planaccion2GTrelato3feb2015
Presentación da redacción programa político organizado por áreas temáticas e do calendario. Faltan áreas por realizar a mesa: participación e transparencia, igualdade, dereitos cidadáns, sanidade e lingua. Presentación dunha xornada de participación cidadá para o 28 de febreiro.
– GT Mediación // Proposta de facer públicos os textos estratéxicos que se estén a traballar nos GTs antes da súa aprobación na asamblea para a darlle máxima transparencia tamén no proceso deliberativo.
Aprobación protocolo de partcipación e código ético de OUeC: https://titanpad.com/i1WK8Rb6m0
– GT Apertura // http://ourenseencomun.info/primarias/

LUNS 26 DE XANEIRO DE 2015 – EDIFICIO DE FERRO – 20:00 HORAS

1. Información por GT:
– GT Coordinación // Entrégase documentación sobre principios e obxectivos de OUeC. Fálase das xornadas de “alfabetización” en ferramentas participativas de OUeC: lanzamento Loomio e GT Ourense no exterior (queda pendente decidir a data). Coméntase a solicitude da Plataforma +FP para “adherirnos colectivamente” ao seu manifesto. Acórdase pasar a valoración á mesa sectorial de ensino.

730326675_144380
– GT Comunicación // Aínda non está rematada a estratexia-protocolo de comunicación (inclúe xestión móbil, redes, prensa…).  Pendente para a vindeira asemblea.

– GT Legal e finanzas // Infórmase de que a asociación xa está constituída, aberta a conta bancaria e solicítase abrir un apartado na páxina web coa información do número de conta. Realizar un chamamento á colaboración financieira da cidadanía. Valórase facer un crowdfounding. Aínda non é unha decisión tomada. Tamén se valora a realización dun mercadiño solidario para financiar o proceso a través da páxina web.  Propón, acerca do local para OUeC:
1o.- Solicitar a través da páxina wed de OeC e mailas redes sociais un local para atención á cidadanía, reunión de grupos de traballo e almacén mediante contrato de cesión gratuíta de local de negocios.
2o.- Continuar realizando as asembleas na universidade como se ven facendo mediante solicitude da Asociación Cidadá Ourense en Común.
3o.- Aceptar os ofrecementos dos locais propios das diversas asociación, partidos, axentes sociais e institucións que así nolo fagan chegar, en caso de necesidade e sempre de xeito rotatorio.
4o.- Utilizar, na medida do posible, todos os recursos que o entorno nos poida ofrecer, preferentemente públicos (centros cívicos, edificios públicos…)

– GT Relato e análise //  infórmase sobre Mesas Sectoriais: calendario, avance…

https://titanpad.com/jYsVPAHrKz

Coméntase que o documento é obxecto de debate en relación á división sectorial do traballo. Informa tamén sobre o cronograma previsto, igualmente referido no pad anterior.
– GT Mediación // Sobre a aprobación protocolo de partcipación e código ético de OUeC

https://titanpad.com/i1WK8Rb6m0

– GT Apertura // infórmase da cancelación do III Encontro de mareas en Vigo: domingo 25 de xaneiro. Infórmase tamén de que o proceso de confluencia aínda  non está pechado. Non se descartan novos contactos coas formacións  políticas para actualizar información nas dúas direccións.
Información e aprobación protocolo de participación nos Xoves en Común e Asembleas de Barrio. Propoñemos que calquer membro de Ourense en común pode participar nos xoves en común e nas Asembleas de barrio sen nengún tipo de limitación. Asimesmo animamos a poñer en práctica os criterios de rotación, participación plural e horizontalidade propios do proceso. Acordamos tamén que unha vez comece a campaña electoral das primarias as persoas aspirantes terán restrinxida a participación nestes espazos, incluídos os encontros sectoriais. Información e aprobación cronograma: fórmula xurídica, candidaturas…Proposta de cronograma. https://titanpad.com/dLz16RnohV

2.* Convocarase co mínimo prazo posible e a petición do GT de Apertura unha nova asemblea extraordinaria para tratar un único punto na orde do día: fórmula xurídica para acudir ás eleccións municipais (semana 2-6 febreiro)

LUNS 29 de DECEMBRO de 2014 – LOCAL DE ESCUA – 19:30 HORAS

 

0.- Aprobación dos estatutos da Asociación Ourense en Común.
O GT de legal expón un par de precisións sobre o texto:
–  Proposta de que o domicilio social da asociación sexa o mesmo que o do Secretario por non dispoñer dun local propio e co obxectivo de facilitar trámites. Aprobado por asentemento.
–  Propoñen que as tres figuras obrigatorias e os vocais sexan integrantes do grupo traballo.  Reflexiónase sobre que as tres figuras obrigatorias deben ter facilidade para verse para axilizar trámites. Aprobase por consenso.
Despois de reflexionar sobre as enmendas, a necesidade e urxencia da pronta constitución da Asociación para dotar de personalidade a OUeC e tendo en conta que posiblemente teña carácter temporal, así como a confianza no GT, acórdase a aprobación dos estatutos coa eliminación da asociación xuvenil, quedando a duración dos cargos en 4 anos e dotando de autonomía ao GT para nomear aos mesmos.

730326860_138968
Debátese sobre a entidade na que abrir unha conta bancaria, e a dificultade que conleva que a banca ética existente non conte con oficina física en Ourense.

1.- Información por GT:
– GT Coordinación // Informa de que segue o traballo dos distintos GT atendendo as necesidades de cada un.
Recorda  que se segue traballando na inclusión de novos integrantes nos GT e nas  ferramentas propias de cada un (galegram, roldas de correo..).
– GT Apertura // Dende apertura fan saber que xa están feitos todos os vídeos de difusión e visualización de OUeC agás un.
Informa  do primeiro Encontro de Barrio feito en Seixalvo, comentando o bo  funcionamento, coa afluencia de poucos veciños pero moi actvios que  aportaron información moi útil, explicando que son un barrio ben  artellado a través da asociación de veciños pero tendo deficiencias  tales como a próblematica de casas vacias polo estrito do PERI e o pouco  control da velocidade en estradas perigosas, entre outras. Explícase  tamén o funcionamento dos Encontros, coa recollida de información nos  barrios para a súa presentación nas distintas mesas técnicas e se é  posible o retorno aos barrios coas conclusións.
– GT Comunicación // Discútese a proposta de modificación sobre quen pode formar parte do GT de comunicación.
Apróbase  por consenso a nova redacción, entendendo que é moito máis axeitada, xa  que non límita tanto a participación e deixa máis claro o espiritu co que se facía a redacción inicial

Textos:
Actual:
Quen o conforma? De adhesión individual e libre (grupo exento de militantes en organizacións políticas ou persoas que ocuparan cargos de responsabilidade no pasado)
Proposta:
Quen o conforma? De adhesión individual e libre (as persoas significadas públicamente con outra organización política ou que ocuparan cargos de responsabilidade no pasado poderán colaborar no GT en todas as súas tarefas (deseño, xestión web, etc.) agás a de relación cos medios) Persoas que ocupen estes cargos, sempre que sexa posíbel, de forma rotatoria e con paridade de xénero. A eles sumaránselle outras persoas suplentesde cara a mellorar a formación e participación de todas as persoas en todos os GT.
Reflexionase  sobre que a mesma solución podería darse no GT de apertura na relación  coas organizacións políticas, aínda que se estima que ha de ser o propio  GT o que estude se é conveniente e/ou necesario, se así fose debería  presentar unha proposta á asamblea do mesmo xeito que o de comunicación.
– GT Legal e finanzas // Sobre  a problématica de atopar un local para OUeC infórman de peticións informais de integrantes para o avance neste asunto, así como de que xa se tratou nalgunha asamblea. Explican algunhas características  solicitadas nas peticións como que fora centrico, propio e visible, tamén que fose cedido ou cun aluguer simbólico. Entenden que non é tarea fácil tratar que alguen ceda un local e que sobrepasa ao GT, Tamén se  reflexiona sobre se habería que tratalo como unha doación.
Informase  de que existe unha proposta de cesión dun local preto da gasolinera de  Mende “A Casa Negra.”. Esta por confrmar se sería só como almacén ou  tamén para reunións. Xorden novas propostas de cesión dende  organizacións como ANOVA e Esquerda Unida, tamén dun comercio privado se  fose só para almacen, ainda que se pon en cuestión se é idoneo polas  connotacións ou polémicas que poidan xurdir e polo valor político que se  lle pode dar.
Reflexiónase  sobre a importancia de ter un local físico como punto de información da  xente que non ten internet ou pola publicidade que daria ao proceso  entre outras razóns e tamén sobre a importancia do tema, concordándose  que é de moito calado e que ha de incluirse como punto propio na orde do  día con propstas concretas para a súa discusión en asamblea.

730110202_30179

– GT Mediación // Expoñen  que segundo as funcións do GT deben asumir as tarefas de dinamización,  quendas e panelización nas asambleas, convidando a formar parte do GT a Marcos Guimarey (que acepta) xa que asume con asiduidade a función de  panelización. Aprobado por consenso.
Tamén  se recorda que seguen a traballar na redacción do Código Ético, convidando a quen queira e poida participar para sumar voces no proceso de elaboración.

– GT Relato e análise // Informa  que xa tivo lugar a primeira mesa sectorial, a de Cultura, no que se  tratou entre outros temas a necesidade dunha estratexía a longo prazo e a  vontade dos asistentes de traballar na mesma, así como a de bridar  a  concellería de cultura con outras como educación, urbanismo ou economía.  O GT traballa na confección das vindeiras mesas.
Preguntados  polo funcionamento das mesmas e tras a explicación xurde se han de ser  ou non demasido técnicas, deixándose distintas reflexións a ter en conta  polo GT coma que hai quen moito que dicir sobre certos temas sen ser  técnicos (como a xente que vai en cadeira de rodas nas de urbanismo),  pero tamén da necesidade de que exista un avance real e dinámico no  proceso para acadar as solución necesarias, e que así o sintan os  técnicos para a súa total implicación.

Sendo as 21:10 dase por finalizada a asmablea. A seguinte convocarase por medios telemáticos.

mÉRCORES 10 de DECEmbro de 2014 – Edificio de Ferro do Campus de Ourense – 20h

photo_2014-12-16_22-35-26Un novo encontro que iniciamos co informe de novidades de cada grupo de traballo:

– GT apertura// na asemblea non se encontra presente ningunha persoa do grupo porque están todas ocupadas coas reunións de confluencia e preparando a saída á rúa do primeiro xoves en común e o primeiro encontro de barrio.

– GT comunicación// infórmase de que o protocolo de comunicación para frear os diferentes ataques en prensa xurdidos en semanas anteriores está en redacción. Asemade convócase a todas a asistir ás próximas xornadas sobre ferramentas de participación en OUeC que están organizando. Por último tamén infórmase de que en pouco sairá un vídeo presentación do proceso para que sexa máis sinxelo de explicar e de que abrirase un número de teléfono de contacto.

– GT coordinación// entrega de documentación actualizada e repaso de censo de persoas participantes.

– GT legal e finanzas// perante todos os conflitos que OUeC está tendo para pedir permisos, recadar fondos, etc. apróbase por consenso constituír unha asociación para poder ter un CIF co que solucionar todos eses problemas. A redacción dos estatutos e os órganos de goberno da mesma quedarán supeditados aos documentos constituíntes xa aprobados. Asemade faise un chamamento aos grupos de traballo que necesiten impresións, copias, etc. cubran un formulario estándar que permita centralizar o gasto e actualizar o apartado de financiamento.

– GT mediación// avanza na redacción do código ético. Prioritario actualmente o referido á participación en OUeC e inmediatamente despois o de gobernanza.

– GT relato e análise// comezarán a preparar as mesas sectoriais.

Superado este apartado debátense varios documentos constituíntes e apróbase por consenso o seguinte proposto polo GT de relato e análise:

Por último debátese sobre o convite realizado pola candidatura Claro que Podemos para asistir á súa presentación. Decidimos por consenso a asistencia a título individual pero non como colectivo xa que sería desleal para con outras organizacións que están a participar do proceso.

Sendo as 22:00 horas dáse por finalizada a asemblea. A seguinte asemblea será convocada por medios telemáticos.

MARTES 2 de DECEmbro de 2014 – Edificio de Ferro do Campus de Ourense – 20h

photo_2014-12-03_23-35-12

Comezamos coma sempre poñendo en común as novidades de cada Grupo de Traballo:
- GT Apertura// infórmase á asemblea dos encontros mantidos ata o momento coas diferentes organizacións políticas e das reunións programadas nos vindeiros días.
- GT Comunicación// debátese da necesidade de crear un plan de comunicación para contrarrestar diferentes difamacións aparecidas en prensa nos últimos días.
GT Coordinación// faise un chamamento á necesidade de acelerar o cronograma e saír xa á rúa cos Encontros Polo Común.
GT Legal e finanzas// sen novidades
GT Relato e análise// sen novidades
Unha vez superado este punto procedemos a debater varios documentos constituíntes. De entre os diferentes documentos traballados apróbase definitivamente a estrutura organizativa e protocolo de toma de decisións en asembleas.
O GT Legal e finanzas presenta un documento con posibles vías de financiación pero todas pasan por abrir unha conta bancaria para o que é necesario un CIF. Despois de varias propostas alternativas (Asociación, Banca Ética…) decídese adiar para a seguinte xuntanza a decisión.
Sendo as 22:00 horas dáse por finalizada a asemblea convocando unha nova para a semana do 9 de decembro.

Luns 3 de novembro de 2014 – Edificio de Ferro do Campus de Ourense – 20h

photo_2014-11-06_22-30-37Igual que na anterior xuntanza comezamos poñenso en común as novidades de cada Grupo de Traballo:
GT Apertura// confirmada asistencia de Ourense en Común este domingo no encontro de candidaturas cidadás galegas en Ames. Ao acto acudirán varios integrantes deste grupo e voluntarios doutros co fin de aproveitar ao máximo fun foro como este.
GT Coordinación// convite ao máximo número de xente posible a participar nos GT.
GT Comunicación// aprobase protocolo posterior a acadar as 1500 sinaturas en base ao cronograma aprobado: 1º nota a medios+entrevistas posibles 2º rolda de prensa na que se presentará oficialmente a candidatura, o chamamento a organizacións políticas e sociais e a asemblea cidadá Ourense, Ben Común.
GT Financeiro e Legal// demanda ao resto de grupos de traballo unha previsión de gasto para poder elaborar un proxecto de financiación independente e sustentable.

photo_2014-11-06_22-30-44Valoración recollida de sinaturas
O proceso de recollida das 1.500 sinaturas foi e debe ser unha FORTALEZA de Ourense en Común, un sinal diáfano e contundente da demanda de transformación. Xa que logo apóstase por seguir sumando apoios sen marcar un tope. En todas as acción realizadas dende agora por OeC poderase seguir asinando. Tanto nos encontros por barrios e sectores como na proposta dos Xoves en común. Unha oficina na rúa da plataforma que cada xoves ocupará un espazo físico entre a cidadanía para visibilizar e sumar vontades.

Decídese modificar o concepto REDE polo de Asemblea en Común para facela máis inclusiva á sociedade que poda estar interesada en achegarse.  Quedan pendentes para a próxima asemblea a aprobación de textos constituíntes.

Sendo as 22:00 horas dáse por finalizada a asemblea convocando unha nova para a semana do 17 de novembro.

Luns 27 de outubro de 2014 – Edificio de Ferro do Campus de Ourense – 20h
reunionrede27-10 03
1. Comezamos co informe de novidades dos grupos de traballo.
    – APERTURA: Ourense en común acudirá ao encontro de Mareas convocado por Ames Novo. Escollemos, de entre varias posibilidades, a data do 9 de novembro e comprometemos a presenza de membros de cada grupo de traballo para participar nas distintas mesas temáticas.
    – FINANCEIRO E LEGAL: Provisionalmente os gastos (cartelería e impresión) estanse a afrontar dende un bote colaborativo de todas as persoas integrantes de OeC. Comprometémonos a facelos públicos na web nunha nova sección de transparencia financeira. O grupo de traballo de comprometeuse a elaborar unha proposta de financiación sostible e que garanta a independencia do proceso de cara ao futuro (micromecenado, venda de camisolas, etc).
    – COORDINACIÓN: O grupo informa do mantemento do Galegram colectivo namentres se manteña a recollida de sinaturas en rúa. En canto remate este proceso toda a comunicación interna de OeC empregará as seguintes ferramentas: Para os grupos de traballo: lista de correo-e e grupos de galegram propios. Para OeC en xeral: lista de correo-e saramaganta (medio polo que se convocarán as asembleas de Rede, compartiranse as actas e contidos que afecten á maioría).
 2. Valoración campaña de recollida de sinaturas:  Apróbase prolongar a campaña de recollida de sinaturas na rúa para seguir dando a coñecer o proxecto e sumando vontades. Pedirase un novo permiso no concello. Solicitude de máxima colaboración nas mesas.  Apróbase manter o certificado web como unha aposta decidida pola protección de datos, anonimato e seguridade en internet. Proposta de dinamización en redes e creación de evento en Facebook.
3.  Aprobación definitiva textos constituíntes:
Estrutura organizativa e protocolo toma decisións: Apróbase, quedando pendente aprobar a porcentaxe necesaria para aprobar enmendas  na toma de decisións estratéxicas que afecten ao proceso e non puideran ser consensuadas. Apróbase por consenso adiar esta decisión para a próxima asemblea.
- Protocolo de comunicación:  Aprobado por consenso e actualizarase o apartado de FAQs da web.
4. Presentación de propostas:
- Principios e obxectivos: Pendente de redacción para a próxima rede-debe estar listo para a presentación posterior ao 11 de novembro e antes do acto Ourense, ben común.
- Cronograma Aprobado por consenso: obxectivo 1º 1.500,  2º chamamento, 3º Ourense, ben común.
- Chamamento organizacións políticas e sociais. Aprobado por consenso o texto que faremos público unha vez se acaden as 1.500 sinaturas a medios, redes e enviar a organizacións políticas e sociais do concello.
5. Como seguimos sendo moi melómanos voltamos lembrar que todo a xente pode colaborar na BSO do proceso na lista colaborativa que temos no Spotify.
cronograma 28-10
Luns 13 de outubro de 2014 – Edificio de Ferro do Campus de Ourense – 20h

sinat

1. Revisión puntos a pechar estrutura organizativa, grupos de traballo e protocolos. Adhesión das persoas interesadas aos grupos de traballo aprobados na asemblea anterior (6/10/2014).  Aprobación por consenso do Protocolo de toma de decisións na rede e grupos de traballo: – non estratéxicasestratéxicas: aquelas que afectan ao marco común do proceso: principios e obxectivos, estrutura, relación con organizacións

photo_2014-10-23_22-18-18

2. Axenda recollida sinaturas: necesidades e obxectivos:
Luns 13 de 11:30h a 13:30h e de 17:30h a 19:30h na esquina entre as rúas Cabeza de Manzaneda e Pena Corneira.
Martes 14 de 12h a 14h e de 17:30h a 20h na esquina entre as rúas Ervedelo e Dr. Fleming
Mércores 15 de 12h a 14h e de 17:30h a 20h na Avenida das Caldas e comezo da Ponte Vella.
Xoves 16 de 12h a 14h e de 17h a 20h na rúa do Paseo á altura da Delegación de Defensa.
Venres 17 de 11:30h a 13:30h na entrada da Praza de Abastos de Ourense e de 17:30h a 19:30h na rúa Ramón Puga esquina coa residencia.
Luns 20 de 11:30h a 13:30h na rúa do Progreso á altura do Xardín do Posío e de 17:30h a 20h na esquina entre as rúas Concordia e Santo Domingo.
Martes 21 de 12h a 14h e de 17h a 20h nos xardíns do Pai Feijoo.
Mércores 22 de 11:30h a 13:30h na esquina entre as rúas Dr. Temes e Avenida Castelao e de 17:30h a 19:30h na rúa Ramón Puga esquina coa residencia.
Xoves 23 de 11:30h a 13:30h na rúa do Progreso á altura da Alameda de 20h a 22h na praza do Ferro.
Venres 24 de 11:30h a 13:30h e de 17:30h a 19:30h na esquina entre as rúas Xaquín Lorenzo e Curros Enríquez.

3. Finanzación/recadación para aboar os primeiros gastos (papelería). Necesidade de reflexionar no futuro: crowfunding, cotas…

4. Valoración da utilidade do certificado de seguridade da páxina web.

5. Outros:
– Apoio Marchas da dignidade
– Recordatorio lista colaborativa Spotify.

Sendo as 22:00 horas dáse por finalizada a asemblea convocando para a semana do 27 de outubrounha nova reunión da Rede.

 

Luns 6 de outubro de 2014 – Edificio de Ferro do Campus de Ourense – 20h

1. Estrutura organizativa de Ourense en Común.  Apróbase por consenso a estrutura organizativa básica de Ourense en Común en base a tres piares fundamentais: máxima transparencia, participación e horizontalidade. Esta estrutura configúrase arredor de tres eixos:

– Grupos de traballo: Unidades técnicas para acompañar e enriquecer o traballo dos encontros polo común sectoriais e de barrio. Abertos pero configurados segundo criterios de operatividade (perfís, número de membros, metodoloxías, etc.), pluralidade e independencia das organizacións. De adhesión individual e con cargos rotatorios.

– Rede: Asemblea de encontros polo común (sectoriais e de barrio) e grupos de traballo. Soberana e de adhesión individual. Ninguén representa a ninguén, nin un EPC nin un grupo de traballo. Todos os  membros dos grupos de traballo e dúas persoas de cada EPC.

–  Asemblea cidadá.

Diagrama de organización

2. Conformación dos grupos de traballo:  Apróbase por consenso que cada persoa só poderá participar nun grupo de traballo (malia a posibilidade de colaborar noutro en momentos puntuais). A adscrición farase por perfil ou interese a título individual, sendo cada grupo autónomo na súa organización, colaborando co grupo de coordinación e respectando sempre as máximas da rede e asemblea cidadá.

3.  Cronograma de máximos, lanzamento e chamamento a organizacións políticas e sociais. O obxectivo central na actualidade é validar o proceso, polo que centraremos todas as nosas forzas en conseguir as 1500 sinaturas e en espallar polo concello o proxecto. Quedando para futuras xuntanzas da rede a definición de novas metas posibles: chamamento a organizacións políticas e sociais, programa…

reunión 6 outubro

Sendo as 22:00 horas dáse por finalizada a asemblea convocando para a semana do 13 de outubro unha nova reunión da Rede.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>